miércoles, 10 de febrero de 2010

Outros traballos

Cinco historias protagonizadas por empregadas do fogar. A curtametraxe conta os avatares e os problemas que teñen cos seus empregadores. Está baseada en testemuñas reais, e ten como obxectivo dignificar a profesion das asistentas domésticas.

Produtora / Espazo Aberto Galiza & Asociación Xiara
Titulo orixinal: Esquecidas
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 21'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Cando parece que nada pode mellorar, ficar embarazada con 16 anos faiche aborrecer a vida que tes e o barrio no que vives, e nese momento debes sacar azos e ilusión para seguir adiante. Curtametraxe rodada no barrio de Caranza en Ferrol. Estrea en febreiro de 2005 en Santiago de Compostela.

Produtora /
Espazo Aberto Galiza & Xana Produccións
Titulo orixinal: Outro día máis
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 15'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán


Martín é un adolescente que, como tantos outros atravesa unha época de crise. Debe decidir se acaba de montar o seu puzzle ou deixa algunha peza sen colocar. Rodada en Compostela (barrio de Vite, Algalia e rúa de San Pedro).

Produtora /
Espazo Aberto Galiza
Titulo orixinal: Puzzle
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 25'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario